Benvidos

Hoxe inauguro a miña nova web personal. Benvidos todos. Tanto aqueles que xa me coñecedes profesional ou personalmente, como os que non.

Unha web que pretende ser unha fiestra aberta ao mundo desde a que partillarei con vós opinións, artigos publicados en diversos eidos, documentación dos meus traballos (presentacións, ficheiros excel…), etc., e polos que só espero recibir a cambio as vosas opinións e comentarios, sempre benvidos.

Artigos que, polo xeral, tratarán temas de economía e finanzas de xeito divulgativo, para axudar a entender este mundo hoxe en crise e sempre cambiante –cada día semella que a máis velocidade- que nos tocou vivir. Pero, como web personal que é, tamén haberá espazo para compartir inquedanzas, afeccións, ou calquer outra cousa que pague a pena. Só podo desexar que a vós tamén volo pareza!

Vémonos na rede!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *