O futuro da Universidade

O pasado mes de novembro algúns alumnos de Greg Mankiw, profesor de Economía en Harvard, realizaron un abandono das clases en protesta polo ‘sesgo’ das teorías impartidas na asignatura de introducción á Economía. As razóns da protesta, que forma parte do movemento Occupy Wall Street, as podedes consultar na Open Letter enviada polos alumnos a Mankiw. Posteriormente, Mankiw respostou cun artigo en The New York Times, ‘Know what you’re protesting’, onde recoñecía que a protesta lle facía sentir nostalxia: “I went to college in the late 1970s, when the memory of the Vietnam War was still fresh and student activism was more common. Today’s college students tend to be more focused on polishing their résumés than on campaigning for social reform. I applaud the protesters for thinking beyond their own parochial concerns and trying to make society a better place for everyone”. Con todo, o contido principal do artigo ía dirixido a defender que os contidos da asignatura son unha mostra da economía ortodoxa, coas teorías de autores desde Adam Smith ou Milton Friedman a John Maynard Keynes, e que probablemente moitos alumnos pensan que o enfoque está ‘escorado ao pensamento conservador’ igual que parte da esquerda criticaba a síntese de Paul Samuelson non hai moitos anos.

 

 

O pasado mércores, na Facultade de Economía e Empresa da UDC, proxectouse a película Inside Job e celebramos a continuación un debate entre algúns profesores da Universidade con experiencia en banca. Foi un dos eventos do ciclo de conferencias ‘Crise: unha saída desde a economía social de mercado’ que máis interese suscitou, especialmente entre o alumnado, e con maior participación do público na rolda aberta de preguntas. É dicir, como non podía ser doutro xeito, hai interese por entender o que leva acontecendo desde 2007, por participar no debate e, en certa medida, gañas de desfogar sanamente a indignación que a moitos suscita as orixes desta crise e as solucións que se lle está a dar. Pero tamén é certo que foi case a única noticia positiva ao respecto últimamente: interésalle ao alumnado nada do que se lle ofrece nas universidades, a maiores de conseguir un título? Hai vocación na maioría do profesorado de plantexarse en que errou a ciencia económica todos estes anos, de plantexar outros enfoques, de abrir á porta ao debate e ao pensamento crítico, que debería ser o leitmotiv de toda universidade? Francamente, creo que non. A min dame envexa o debate aberto en Harvard entre profesores e alumnos: nestes lares, á maioría dos alumnos só lles interesa ‘polishing their resumes’ e se o que acaba de explicar o profesor entra ou non no exame; á maioría dos profesores non lles interesa nin a recente conferencia dun Nobel na Coruña, tanto menos as xornadas de conferencias e debates organizados pola facultade.

 

As Universidades como centro fundamental de pensamento crítico e libre da sociedade? Ou simplemente centros de fabricación de titulados en masa, moitos dos cuais rematarán probablemente traballando en empregos alleos á súa formación? Mentras lle imos dando voltas a cuestións coma estas… o tempo pasa e xa está aqui o Nadal: Felices festas a todos. Vémonos no (temible) 2012.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *