GalegoLab 2011

 

GalegoLab, a rede social de crowdsourcing para achegar iniciativas e apoios dos usuarios á promoción da lingua galega con especial incidencia nas culturas emerxentes e na naturalidade da vida cotía, ven de pechar o ano 2011 con 1.015 usuarios na páxina web e con catorce proxectos realizados e/ou en marcha dende que a web botou a andar:



Pinchada de música (http://galegolab.org/proxecto-realizado/pinchadas-de-musica-pero-da-boa–1/)l, toda en galego, que se fixo en Vigo en setembro do ano pasado.

24 horas galego fullscreen (http://galegolab.org/proxecto-realizado/24-horas-galego-fullscreen-1/), un concurso de vídeos nos que os participantes relataban como era para eles un día en galego e no que o gañador foi “Co galego… ata o inferno” (http://eufalo.tv/video/co-galego-ata-o-inferno/).

Fútbol galego, fútbol en galego (http://galegolab.org/proxecto-realizado/futbol-galego-futbol-en-galego/) busca que o equipo de fútbol da Coruña, o Dépor, comece a usar o galego nas súas comunicacións. O presidente do equipo, Augusto César Lendoiro, recibiu xa unha carta certificada, asinada por diversos socios e peñas, con esta petición. De momento, non contestou.

Memoria Pixelada (http://galegolab.org/proxecto-realizado/memoria-pixelada/) é un blog sobre videoxogos na nosa lingua, para o que o seu coordinador atopou en GalegoLab tres colaboradores.

A galega para 145 millóns de usuarios e A lingua galega máis alta no Twitter (http://galegolab.org/proxecto-realizado/a-lingua-galega-mais-alta-no-twitter-3), dúas iniciativas que colocaron a etiqueta #galega entre os temas do momento na rede social Twitter o 6 de outubro e o 17 de decembro de 2010, para conmemorar o aniversario do primeiro mitin político en galego e o cabodano da execución de Pardo de Cela, respectivamente.

Guías de viaxes en galego e por galegos (http://galegolab.org/proxecto-realizado/guias-de-viaxes-en-galego-e-por-galegs-1/). Os voluntarios apuntados están escribindo guías de viaxes sobre diversas cidades.

Agasallo sincronizado para o mundo (http://galegolab.org/proxecto-realizado/agasallo-sincronizado-para-o-mundo-1/). A partir dunha partitura básica (http://pdfcast.org/pdf/ti-es-dos-meus), invitouse a quen quixera a realizar unha versión propia para que, no Día das Letras Galegas, calquera puidese enviar a súa preferida ós seus contactos para celebrar esta festividade. Recibíronse estas http://www.youtube.com/user/Agasalloparaomundo.

Literatura infantil en galego (http://galegolab.org/proxecto-realizado/literatura-infantil-galega-1/). Neste momento, estanse a escribir e ilustrar dez contos infantís en galego, segundo comunica o xestor da idea.

Falemos de cinema na nosa lingua (http://galegolab.org/proxecto-realizado/falemos-de-cinema-na-nosa-lingua-1/). Neste proxecto, os directores da Cuarta Parede, unha revista dixital de crítica cinematográfica, atoparon catro persoas que lles axuden a traducir os artigos que os colaboradores lles envían noutros idiomas.

Galego + (http://galegolab.org/proxecto-realizado/galego-/) busca felicitar a aquelas empresas que empregan a nosa lingua enviándolles correos electrónicos.

Twitter en galego (http://galegolab.org/proxecto-aberto/twitter-en-galego/) atopou xente voluntaria para facer a tradución ó galego da rede social. Actualmente estase á espera de que o propio Twitter a autorice.

Guía Branca (http://galegolab.org/proxecto-aberto/guia-branca-1/) pretende crear unha web, a modo de base de datos, sobre todo tipo de establecementos que empreguen o galego.

Skype en galego (http://galegolab.org/proxecto-aberto/skype-en-galego/) busca que Skype acepte como oficial e ofreza a todos os usuarios a tradución que o xestor da idea xa ten feita.

Documental audiovisual sobre a diáspora galega (http://galegolab.org/proxecto-realizado/documental-audiovisual-sobre-a-diaspora-galega/)  ten como obxectivo a realización dun documental sobre a nova diáspora galega, a 2.0, máis vencellada á terra gracias ás novas tecnoloxías do que o estiveran os emigrantes de xeracións anteriores.


Se aínda non eres socio / usuario de GalegoLab… a que esperas? www.galegolab.org

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *