Rajoy reintegracionista

Hai meses comentei no post ‘devaluación interna?‘ que a mal chamada devaluación interna “é un eufemismo de baixada de salarios a discreción. Porque, de pretenderse unha verdadeira devaluación interna, requisito fundamental é facer que os prezos dos bens e servizos que produce a nosa economía (isto é, o deflactor do PIB) caigan”. Onte o blog ‘Economistas frente a la crisis’ publica o artigo ‘Los salarios se desmoronan‘ onde comentan que o custo salarial por traballador caeu no cuarto trimestre de 2012 un -3,6% en taxa interanual, a máis baixa da serie histórica.

 

Esta información fíxome retomar a idea de publicar un post no que andaba eu a maquinar a semana pasada. Durante as vacacións de semana santa achegueime un día cós peques á Ponte da Lima, no meu ben-amado Portugal. Tomando cafés a 80 céntimos de euro e muffins a 60 céntimos, cavilei: “se a devaluación interna é a solución… como é que Portugal não é potência mundial?”.

 

Dubido que De Guindos ou Merkel se fagan esta pregunta, pero ese é o camiño que levamos. Como eu non o sabería explicar mellor que Krugman, tamén esta semana temos post do Nobel de Economía para explicar o que quero decir: ‘The price is wrong‘. Recomendo a lectura íntegra, porque é unha mini-clase de macro fundamental para entender o problema que temos e as 2 posibles solucións (unha, a que están implementando de devaluación interna; outra, a que suxire a escola Keynesiana).

 

The whole structural/classical/Austrian/supply-side/whatever side of this debate basically believes that the problem lies in the labor market. I find this prima facie absurd — it’s essentially the claim that soup kitchens caused the Great Depression. So what’s the alternative view? It’s basically the notion that the interest rate is wrong  and real rates can’t go that negative because expected inflation is low and nominal rates can’t go below zero: we’re in a liquidity trap.


There are strong policy implications of these two views. If you think the problem is that wages are too high, your solution is that we need to meaner to workers — cut off their unemployment insurance, make them hungry by cutting off food stamps, so they have no alternative to do whatever it takes to get jobs, and wages fall. If you think the problem is the zero lower bound on interest rates, you think that this kind of solution wouldn’t just be cruel, it would make the economy worse, both because cutting workers’ incomes would reduce demand and because deflation would increase the burden of debt.

 

Claro que tamén é posible que andemos todos enganados, e o que realmente acontece é que Don Mariano é um reintegracionista convencido que está a fazer tudo o possível para trazer a Espanha o padrão de vida Português.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *