Les cols des Pyrénées 2013 (II)

 

(AQUI parte I, Luz Ardiden e Peyresourde)

 

CAP DE LONG

 

A ascensión ao lac Cap de Long, na Réserve Naturelle du Néouvielle, é unha descoñecida para moitos afeccionados ao ciclismo porque nunca foi subida no Tour de France.

 

Porén, a súa ausencia débese probablemente máis ao feito de carecer dun patrocinador (cidade ou estación de esquí que se venda como final de etapa) que á súa dureza: 15km ao 7,5% tan duros como os equivalentes á ascensión do Tourmalet por Baréges, precedidos por 8km ao 3,5% para castigar as pernas.

 

Quilómetros polos que Iván Froome púxose a tirar como un poseso, chegando aos pes do porto case a 20km/h de media…

 

… chegando á ascensión de verdade completamente reventao. Aquí unha autofoto na ferradura a 7km do cumio que é un poema…

 

A 5km do cumio, les Lacets des Edelweiss. Un auténtico espectáculo.

Source: www.geolocation.ws

 

1h 55min despois de sair de Saint-Lary-Soulan, un autre col ao peto!! Velaquí as vistas do Lac d’Oredon desde o Lac Cap de Long.

 

 

QUEDARON NO TINTEIRO

 

Aubisque. Non sei que será peor, baixar eses precipicios en coche (cousa que fixemos) ou subilos en bicicleta.

 

Pero peor aínda en coche é ir polo Cirque du Litor, necesario paso de Soulor a Aubisque…

 

Tourmalet. A nosa opción orixinal, arrasada polas riadas de hai un mes. Achegámonos a ver o inicio, así estaba o primeiro quilómetro.

 

AspinCon Tourmalet, o porto ao que máis gañas lle teño. Duro, pero asequible (1ª, 9 km, 7%). Mítico por anteceder ao Tourmalet na dirección Luchon – Pau da mítica etapa. Pero sobre todo por ser unha subida preciosa, tanto pola beleza do val por Arreau, como polo lago e zona de relax na vertiente que conecta con Hourquette d’Anzizan e Tourmalet por La Mongie.

 

Na fotografía Arreau, coas primeiras estribacións de Aspin ao fondo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *