IEE, neutrales & apolíticos

Hai uns días os medios españois facíanse eco desta noticia: “Una Cataluña independiente no podría pagar las pensiones“.

 

Aparte dunha soberana gilipollez (nun sistema de reparto, unha das CCAA máis ricas per capita e con menor taxa de paro non pode pagar as pensións? simpáticos… aquí tedes unha explicación máis detallada), non vos perdades o nome do think tank que fai o estudo: INSTITUTO DE ESTUDIOS ECONÓMICOS. Non vos soa?

 

Lede este párrafo do primeiro artigo que vos ligo arriba porque é impecable! “Por vez primera alguien ajeno a la bronca política, el Instituto de Estudios Económicos, planteará desde el mundo académico y la pura economía, con números, las consecuencias de la independencia de Cataluña que proponen los políticos independentistas. Y los costes van a ser muy altos.” Xa sabedes, o de sempre: “nosotros hacemos ciencia, somos neutrales, sin ideología”.

 

Sabedes quen é o INSTITUTO DE ESTUDIOS ECONÓMICOS, think tank apolítico onde os houber?

 

Pois si. Os mesmos que onte nos regalaron a súa superinnovadora receta para a sostenibilidade das pensións: “La jubilación a los 70 años“. IEE, think tank da CEOE, presidida por J.L.Feito, economista jefe da CEOE. Esos apolíticos, neutrales e independientes. Que majos son!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *