Documentos en dpeon.com

Acabo de actualizar o ficheiro ‘EU-17 unemployment’. Aproveito para dúas cousas. Primeira, voltar poñer de manifesto o mellor relato do desastre europeo na xestión da crise, e pola que non só ninguén pagará o pato senón que seguirán ó timón recetando as mesmas recetas de sempre. Desemprego US vs EU-17 comparados:

En segundo lugar, aproveito para comentar que un dos cambios que levei a cabo na web recentemente é o do repositorio de documentos. No menú da esquerda, en ‘documentos’ tedes acceso de maneira totalmente libre a boa parte das presentacións e ficheiros excel que emprego nas análises que comento na propia web. Pois ben, levei a cabo unha reordenación dos contidos e coido que agora pode resultar moito máis útil:

O repositorio queda dividido en 4 categorías: 1.- Academic papers, con material accesorio (táboas, excel) dos papers académicos que vou publicando; 2.- Economic data, o máis extenso, que logo comento; 3.- Presentations, con presentacións que emprego en eventos, conferencias, etc.; e 4.- Miscelanea, pois iso, un pouco de todo.

En Economic data vou publicando (e actualizando con frecuencia) ficheiros excel con información económica de Galicia, ‘debt & euro crisis’ e Global. Algúns dos documentos que actualizo con máis frecuencia son:

– ‘datos paro Galicia vs España’: series de afiliación, desemprego, datos desestacionalizados, paro rexistrado vs EPA, etc. desde principios de 2000

– ‘deuda total españa’, ‘contribución a PIB’ e ‘taxa de aforro doméstico’, todos eles con datos da economía Española

– ‘PIB trimestral por países’, comparativa entre os principais países da UE e da OCDE desde o inicio da crise financeira

– ‘EU-17 unemployment’, comparativa do desemprego en US e EU-17. Máis información sobre os datos americanos (series desde 1948) tedes en ‘US unemployment’

Calquer dúbida sobre calquer ficheiro do voso interese podedes contactar en comentarios ou na rede, estarei encantado de axudar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *