Máis desiguais, máis pobres

Xa temos falado nalgunha ocasión neste blog de desigualdade. Comentan el eldiario.es que España é o país con maior desigualdade da Unión Europea (renda do 20% máis rico vs renda do 20% máis pobre). Chamoume a atención que os países que acompañan a España nese ranking sexan potencias económicas como Letonia, Bulgaria ou Rumanía, mentras os países máis igualitarios son repúblicas bananeras como Noruega, Islandia, Suecia, Finlandia…

Así que localizo en Eurostat os datos correspondentes (“Inequality of income distribution 2011, income quintile share ratio”) e os comparo cós datos de PIB per cápita (en PPS) deses mesmos países, en relacion á Unión Europea (UE = 100). Resulta a seguinte distribución (*):

Pouco hai que explicar. A correlación máis desigualdade – menor renda per cápita é evidente. O único non demostrable é o efecto causalidade, pero de existir, países como España con maior PIBpc do estimado para ese nivel de desigualdade, retrocederían en termos de PIBpc a medida que hoxe nos imos alonxando da media.

(*) Luxemburgo (4.0, 266) foi eliminado da gráfica para maior facilidade interpretativa

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *