O parasitismo da intermediación

Un breve apuntamento sobre o papel da intermediación na distribución comercial en España. O Banco de España ven de publicar un moi interesante estudo histórico sobre “La inflación en España. Un índice de precios de consumo 1830 – 2012”. Na páxina 13 ofrécese esta interesante comparativa sobre os prezos de producción en Murcia e de consumo en Madrid, en 1910, de diversos productos agrícolas.

Apréciase que a marxe comercial de levar os productos do campo ao consumidor non chega en ningún caso ao 100% (entre o 48.5% dos melóns e o 95% das patacas).

Un século despois, a organización agraria COAG (www.coag.org) e as organizacións de consumidores UCE e Ceaccu publican e actualizan con certa frecuencia o seu ‘Indice de Precios en Origen y Destino de los Alimentos, IPOD‘ (AQUI os datos a 2014). En 2014, os prezos multiplícanse por catro da horta ao comercio minorista. Nalgúns productos as marxes chegan ao 800%. Na gráfica a seguir, a evolución do índice desde 2008.


As elevadas marxes coas que traballan os distribuidores e os baixos prezos de orixe que cobran agricultores e gandeiros é unha queixa habitual no sector, e en Galicia esta problemática afecta a temas básicos como o abandono e despoboamento do rural do que algunha vez temos falado aqui. Nese caso, dado o meu descoñecemento da materia, limítome a mostrar os datos ‘en bruto’ que me dan que pensar, e deixo o resto para o parecer do lector. Este é un tema que eu non entendo pero… a mi que me lo expliquen, por favor.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *