Futbol e modelo de Estado

En España, o futbol é un bó indicador socioeconómico. Máis aínda, no país onde a expresión “Palco do Bernabeu” é moito máis que un eufemismo, o futbol é un indicativo do modelo de Estado que as elites madrileñas levan anos explotando.

Cun pequeno exercicio cós datos da Liga LFP de Primeira División nos últimos 25 anos pódese extraer unha evidencia adicional da aposta por un modelo Mediterráneo baseado na construcción e turismo no arco Mediterráneo e conexións (AVE, aeroportos) con Madrid. Se riqueza e demografía (como xa comentamos noutro post) abandonan o noroeste peninsular para dirixirse ao surleste, có futbol habería pasar igual:

Mapa: elaboración propia

Ano a ano, tómanse as coordenadas do estadio de futbol dos 20 participantes na Primeira División do fútbol español e estímase o punto xeométrico promedio. No mapa represéntanse os resultados en promedios quinquenais (2015 é o punto medio das tempadas 2010-2011 a 2014-2015, 2010 as tempadas do 2005-2006 a 2009-2010, e sucesivamente). Desde 1990, o efecto é especialmente notable no eixo Norte-Sur: os Sporting, Racing Santander, Celta Depor e Compos, Logroñes, Alavés… teñen deixado paso aos Elche, Levante, Granada, Almería, ou Murcia, entre outros. Nos anos 1995 a 2000 (punto “2000”) apréciase o xiro ao oeste, nos anos con 3 participantes galegos en primeira.

(Nota: os equipos insulares -Mallorca, Tenerife e Las Palmas- foron excluídos da análise para que non distorsionaran a representación xeográfica)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *