Mortirolo galego… en León?

León reclama a Galicia 2 km, no Porto de Ancares Pandozarco, asignados a Galicia nos mapas por un “erro”.

xancares-pandozarco_blog

A liña vermella é o límite orográfico (ladeiras a un lado e outro dos cumios de Os Ancares) entre Galicia, Asturias e León. Na división provincial de 1833, con tiraliñas, asínganse as aldeas de Balouta e Suárbol, do lado galego, á provincia de León. Cabería preguntarse por que se fixo así pero, en calquer caso, o paso polo cumio de Ancares, que conecta Navia de Suarna có Bierzo, corresponde a Galicia ata o cumio, e a León do outro lado.

Cando a etapa de La Vuelta 2014 e a fin de etapa en Pandozarco xa avisamos: Candín, o concello da provincia de León, paga a fin de etapa, e La Vuelta anuncia que a etapa remata en León, non en Galicia (ver liña azul). Entón levántase a lebre.

O seguinte paseo era este, obviamente. León reclamando unha potencial industria turística, o porto máis duro da Península (xunto con L’Anglirú) e un dos máis duros de Europa, final de etapa seguro nas vindeiras edicións de La Vuelta, como territorio de El Bierzo. Territorio que está deste lado de Os Ancares.

Non é casualidade. Nin é un cacho máis de monte. Pero León fai ben, e Candín fai ben: eles loitan polo seu. Aqui, deste lado, o que hai é moito pusilánime que non sabe nin onde caen Os Ancares. E así nos vai. Postos a revisar lindes, que devolvan Balouta e Suarbol, aldeas galegas roubadas na división provincial de 1833. E poñérmonos a traballar para revitalizar Os Ancares.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *