Papaú

the_outtakes_of_david_bowie_s_iconic_heroes_album_cover_shoot_1_

The outtakes of David Bowie’s “Heroes” album cover. Source: vagabundosdeldharma.com

O 10 de xaneiro estaba marcado na miña axenda hai meses: era a data que escollín para iniciar unha nova etapa profesional. Programei o artigo Vida nova, web nova para o día 11 a primeira hora da mañá, dexesando un Feliz 2016, e convencido de que así vai ser. Case ao tempo que publico o artigo nas redes, chégame un wasap: “morreu Bowie”. Só acertei a dicir “joder!”. Cousas da vida, o 10 de xaneiro de 2016 marcado hai meses na miña axenda difícilmente se me vai esquecer.

A música sempre foi a miña maior afición, e Bowie supuxo un punto de inflexión radical nos meus gustos. Débolle a Bowie facerme ecléctico, e non foi doado: fan dos grupos rock dos 70s, escoitar por primeira vez o Bowie de Berlín e posterior pareceume unha total impostura, unha tomadura de pelo. Supoño o mesmo pensaron del e dos albums Low – Heroes en 1977. Hoxe estou convencido é o mellor da traxectoria de Mr. Jones, que xa é moito dicir, e un episodio trascendental da música contemporanea. Bowie é seguramente a figura que mais admiro na música: foi de lonxe o máis intelixente dese mundo. Para reinventarse, para rodearse dos músicos e productores acaídos para dar forma ao que tiña en mente, por saber facer uso do escándalo para andar sempre na picota, por arriscar e ás veces errar pero moitas outras, acertar.

Na miña vida, Bowie ficará sempre asociado ademáis aos meus fillos: despois de “papá” e “mamá”, a primeira palabra que aprendeu Anxo foi “papaú” para pedir que lle puxeramos o video desta xoia, Absolute Beginners. Escoitando a intro saberedes por que.

Para cando chegou Pablo, herdou do seu irmán o gusto polos videos de youtube, e “papaú” como a palabra na neolíngua dos meus pequenos equivalente a “música” na lingua dos maiores.

Papaú Bowie. Para quen non o coñeza, anexo aqui unha lista ben ampla (estes días leranse moitas outras por ahi). Permítome acotalo a dúas listas máis breves:

  • Tocou o ceo con seis temas: Space Oddity, Young Americans, Fame, “Heroes”, Ashes to Ashes, Absolute Beginners
  • Un decálogo mostra da capacidade deste home pra tocar todos os paus e sacar xoias (e poderían facerse unhas cantas listas asi): Life on Mars, Rock n’ Roll Suicide, Sound and Vision (ou Breaking Glass! ou My Wife! ou todo ese bendito album!), DJ, Wild is the Wind (portento vocal), Let’s Dance, Thursday’s Child, Little Wonder, Where are we now, Blackstar.

A desfrutar de David Bowie, que é o que nos queda. RIP.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *