O petróleo a prezos normais

oil price 10Y

Fonte: www.nasdaq.com

O desplome do prezo do petróleo no último ano a niveis mínimos en máis dunha década é un dos factores detrás dos recentes episodios de nerviosismo nos mercados e sinais de ralentización económica a nivel global.

Máis aló de profundar nas causas deste desplome, que opino ten menos que ver con cuestións de demanda (recesión global) que de oferta (unha guerra de prezos encuberta entre produtores a baixo custo na OPEC e novos productores con tecnoloxías máis caras, como fracking ou offshore), resulta interesante coñecer esta gráfica que ven de partillar Greg Mankiw no seu blog:

oil price

http://gregmankiw.blogspot.com.es/2016/01/putting-oil-prices-in-perspective.html

Posto en perspectiva, e comparando o prezo do petróleo có salario medio dun traballador nos USA, os 30 dólares/barril actuais semellan un prezo ben razoable. Ceteris paribus (pois veremos a onde nos leva a economía global nos vindeiros meses), a guerra de prezos está a favorecer máis aos cidadáns de Occidente que aos países da OPEC e outros produtores. Abofé, as tensións sociais e movementos políticos empézanse a sentir en países coma Arabia Saudí ou Venezuela.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *