Mortes por atragantamento

1.400 mortes por atragantamento cada ano. Xa é a segunda vez que o escoito nos medios por unha campaña de certa Fundación de seguros española. E xa é a segunda vez que o meu sentido común dime: “non pode ser”. Iso son máis que mortes en accidentes de tráfico. Iso son 3 noticias ao día de “fulanito muere atragantado comiendo filete en un restaurante”.

atragant

Portal estatístico do Mº Sanidad, “mortes por ingestión de alimento que causa obstrucción de vias respiratorias”: 200.

Xusto a carón, a cifra da propaganda: “mortes por inhalación ou ingestión de obxectos que causa obstrucción…”: 1437. Curiosamente, esta estatística debeu sufrir un cambio de criterio en 2008, cando só se recoñecían 50 ao ano e pasan a máis de 1.300. No desglose so indica que corresponde a “inhalación e ingestión … en lugar no especificado”.

Non se corresponde, pois, tal cifra co que se di na campaña.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *