Por que arde Galicia?

Por que arde Galicia ano tras ano?

lume

Lume en Tenorio – Cotobade. Agosto 2016.

Primeiro, deberiamos distinguir, e non misturar, dúas preguntas diferentes. Primeira, por que hai tantos incendios? E segunda, por que arde o monte?

Porque a resposta á segunda cuestión sabémola todos: o progresivo abandono do rural, da sua explotacion economica, e ter o monte “a monte”. O clásico “os lumes apáganse no inverno”. No verán, os dias 30-30-30 fan o resto.

A resposta á primeira pregunta, porén, é máis complexa, pero as cifras de lumes intencionados (o 84% segundo estudo do Seprona, ver aqui) non tenhen parangón. Algunhas tipoloxías están na mente de todos, e atrévome a aventurar unha prelacion:

i. os propios propietarios (limpeza do monte, vinganzas, etc).

ii. as “mafias madereras”, como lle chaman no artigo anterior.

iii. o negocio da extincion do lume.

iv. a especulacion urbanistica, coa inestimable axuda da última lei de montes.

v., e a moi longa distancia, os pirómanos -que habelos hainos, pero non tantos como criamos, ou nos contaban, nos 80s.

3 comentarios en “Por que arde Galicia?

  1. X. F. dice:

    Os incendios estan directamente ligados a plantación masiva de Eucaliptos para suministrar a Celulosas Ence de Pontevedra, Navia e Huelva. As 800 mil hectáreas de eucaliptos espetados na Galiza, son para atender de materia prima a estas 3 factorías da Empresa Nacional de Celulosas (ENCE).
    A estratexia consiste en alugar os montes por mais menos 30 anos, logo os encargados “especializados” da Empresa Ence, procuran xentes desarraigadas que coa palabra máxica de “queimas controladas”, paganlles 100 ou 200 € mais gasolina, e levanos o monte alugado que estratexicamente repartidos peganlle lume o contorno a distintas horas, provocando tamen outros incendios de despiste para desviar a atención das queimas estratexicas.Cando estes “lofas” son detidos e presentados o xuiz, este determina que como todos os incendiarios detidos son alcólicos e drogados, acaban por dictaminar na sentencia que na Galiza hai moitos pirómanos alcolicos. Eiquí acaba a investigación.
    Esta e a estratexia do monopolio Ence que ten unha horta privada na Galiza da man dos partidos constitucionalistas do PPSOE, que deixan que acontezan estas desfeitas, ollando para outro lado. Esta e unha das multiples empresas das portas xiratorias onde se meten os politicos unha vez que acaba a sua vida “representativa”. E moi facil se se quer deter todos estes actos criminosos contra o planeta, porque as 800.000 hectáreas plantadas de eucaliptos na Galiza, antes pegouselles lume. E moi facil saber para onde van os eucaliptos. Por tanto e moi facil saber onde se encontra a mafia oculta que organiza os incendios

  2. Ramón Freire dice:

    Na miña opiniòn cando o monte sexa rendible para os propietarios deixará de arder. Eles mesmos velarán porque así sexa. O monte é unha ruína por moi diversas razóns: minifundismo, monocultivo, un case que único comprador da madeira, ausencia de cooperativas de productores e inda de asociacións (cando estas non están subvencionadas pola grande empresa compradores, que é inda peor), ‘castigo’sistemático ao que planta frondosas, … Habería que intentar revertir todo iso, máis que apagar lumes. Que tamén. Pero hai que atacar a enfermidade máis que paliar os síntomas.

  3. Xan lois dice:

    Acabo de chegar de dar un garbeo pola Rioxa, Euskadi, Santander. .. sen dúbida o que máis nos chamou a atención foi o seu verdor. Nin presenza dun lume ou rastro dalgún anterior. Ademáis de interés tamen fai falla cultura do monte. Erradicar ese analfabetismo da cultura do lume esen dúbida propor unha extratexia lóxica para a extinción.
    Coñezo xente que é contratada nas brigadas de verán para a loita contra o lume e deixan moito que desexar… alcólicos, desarraigo, incluso deficiencias psíquicas! ! Claro! A esto sumalle que son contratados a 1 semana de agosto e pasa o q pasa. Setembro e novembro lume seguido.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *