Pan do Zarco

Non imos discutir se Pan do Zarco, Pando Zarco ou Pandozarco. Que máis ten. O importante é o poder da vontade. Terse marcado unha meta naquela hora inalcanzable, e cumprila. Chámese unha tese doutoral ou… subir o porto máis duro da Península (con permiso de L’Angliru).

(preme para ver video)

Foi o 11 de outubro de 2014.

Dr. Peón

Alá van catro anos da miña vida…

.

photo by pernasfrouxas (obrigado!)

Tentar agradecer nunhas breves liñas a todas as persoas e institucións que, durante os máis de catro anos de desenvolvemento e elaboración desta tese doutoral, prestaron a súa colaboración desinteresada ou influíron nos meus pensamentos e coñecementos sintetizados na mesma, sería de todo inacadable. Vaia o meu recoñecemento e agradecemento por tanto a todos vós, profesores, persoal e alumnos da FEE pola vosa axuda, e en particular a todos os compañeiros do Departamento de Economía Financeira e Contabilidade.

Quixera agradecer persoalmente a aqueles que realizaron achegas de moita valía na elaboración dos artigos e publicacións que resultaron desta tese: os compañeiros Ángel Fernández, Cristina Anido, Emma Iglesias, Fernando de Llano, Flora Muíño, José A. Novo, José M. Seijas, Manuel Gómez, Marcos Vizcaíno, Paolo Rungo e Rafael Gómez, así como a Andrea Ceschi, Javier Iglesias, Juan Vilar, Jose A. Vilar, Manuel F. Grela, Tomasz Michalski, revisores anónimos e editores dos diversos journals. O meu agradecemento especial a Enrico Cervellati e Jorge Rodriguez pola súa orientación. Colaboraron moi especialmente na elaboración dalgunhas partes da tese os compañeiros Paulino Martínez no deseño da aplicación informática e Xosé M. Filgueira en axuda técnica. Por último, agracecer a todos e cada un dos 126 alumnos participantes no experimento a súa participación.

Expreso finalmente a miña gratitude a todos aqueles os que, sen a súa colaboración, esta tese nunca tería sido unha realidade. Ao Grupo BBVA por facilitarme a miña dedicación á tese durante catro anos. Ao Departamento de Economía Financeira e Contabilidade da UDC por todas as facilidades para o desempeño das miñas actividades docentes e de investigación. A miña enorme gratitude e recoñecemento aos meus directores de tese, Dr. Manel Antelo e Dr. Anxo Calvo, pola súa sabedoría, orientación, e apoio en todo momento. Tivestes moita paciencia…

E moi especialmente a meus pais e irmans, e a María, a quen lle debo todo o seu apoio estes anos, a paciencia e o ánimo nas interminables horas e preocupacións que deu de si este traballo, e por sacar adiante ás nosas xoias, Anxo e Pablo. Quérovos.

Padrón 2014

Seis meses sen publicar na web ben merecen unha pequena explicación. Hai seis meses voltei á miña actividade profesional, combinado cós últimos meses de voráxine para ter todo listo (últimas revisións, burocracia administrativa, imprenta…) para o acto de Defensa da miña Tese de Doutoramento o vindeiro 16 de xaneiro. A partir desa data espero recuperar algo as miñas publicacións na web sobre actualidade económica, pero non será xa ao ritmo de anos anteriores.

Unha das teimas das que seguirei escribindo é o problema demográfico de Galicia. Recentemente veño de actualizar o working paper “Patróns de Despoboamento Rural”, xa en avaliación en revista académica. Tédelo á vosa disposición en documentos – academic papers. Un dos principais resultados deste estudo estatístico có colega Xosé M. Filgueira é cuantificar en que medida as comarcas do rural precisan, ou ben dunha cabeceira de comarca poboada, ou ben dunha cercanía aos principais nodos poboacionais do país. En concreto, as comarcas con cabeceira inferior a 5.000 habitantes e alonxadas das principais cidades están a perder poboación de maneira alarmante.

Onte o INE ven de publicar o Padrón 2014. Ilustro aqui con tres gráficas (principalmente as dúas primeiras) o porque do alarmante da situación.

Cabeceiras inferiores a 10 mil habitantes

Na primeira gráfica, unha selección de pequenas vilas (inferiores a 10.000 habitantes) pero necesarias para o obxectivo de equilibrio do territorio. Continúa lendo

Defensa Tese Doutoramento

E chegou o día.

O vindeiro 16 de xaneiro de 2015 terá lugar o meu acto de Defensa da Tese de Doutoramento Behavioral Microfoundations of Retail Credit Markets: A Theoretical and Experimental Approximation, depositada públicamente o pasado mes de novembro.

O Tribunal que avaliará a miña Tese está composto polos seguintes Profesores Doutores:

PRESIDENTE: ANDRÉS ARAÚJO DE LA MATA, Universidad del País Vasco – EHU

VOGAL 1ª: IRENE COMEIG RAMÍREZ, Universitat de Valencia

VOGAL 2º: IVÁN BARREDA TARRAZONA, Universitat Jaume I

VOGAL 3º: LUIS ALBERTO OTERO GONZÁLEZ, Universidade de Santiago de Compostela

SECRETARIA: SUSANA IGLESIAS ANTELO, Universidade da Coruña

A hora e lugar do evento será 16 de xaneiro ás 12:00 horas no Salón de Graos da Facultade de Economía e Empresa da UDC.

Estades tod@s convidad@s.

Patrons de despoboamento rural

Na sección ‘Documentos – Academic Papers‘ acabamos de poñer a disposición de calquer interesado a versión actual, aínda en formato working paper, do estudo por Xosé M. Filgueira e David Peón “Patróns de despoboamento do rural galego“. A base de datos do estudo está tamén dispoñible en ‘Documentos – Economic data – Galicia‘.

No artigo levamos a cabo unha análise estatística para contrastar e cuantificar algunhas das observacións clásicas na problemática demográfica de Galicia e a súa polaridade rural – urbana. Primeiro, íllase o efecto arrastre demográfico para identificar distintos patróns de despoboamento a nivel comarcal ao longo das últimas dúas décadas descontado o efecto migratorio histórico. Esta análise mostraría unha visión alternativa do proceso de despoboamento, caracterizada pola conformación dun anel central de dinámica demográfica positiva a partir das cidades galegas de interior.

Segundo, profúndase na análise estatística da polaridade rural – urbana cunha medición do papel xogado por diversos parámetros de vertebración xeográfica da poboación galega. A este efecto, resultan determinantes a poboación da cabeceira de comarca –cunha perda de poboación do -0,55% anual nas comarcas con cabeceira inferior a 5.000 habitantes- e a distancia por estrada á máis próxima das sete cidades galegas –cun -0,17% adicional.

Terceiro, descontado o efecto arrastre da emigración pasada e vertebración xeográfica do territorio, explícase a evolución das distintas comarcas en función da distribución sectorial do PIB, ao efecto de identificar os sectores económicos que máis axudaron no pasado recente a conter o devalo demográfico das comarcas rurais.

Morreu a ortodoxia (a boas horas)

Este blog naceu hai case 3 anos con este artigo: ‘Monetizar débeda‘. Daquela, propoñer estas cousas era herexía. Sei do que falo: afirmar que o ECB tiña que intervir nos mercados de débeda era iso, intervencionismo puro e duro, aínda que despois de dicir Draghi en xullo de 2012 aquelas famosas verbas, “the ECB is ready to do whatever it takes to preserve the euro, and believe me, it will be enough”, até os liberais aplaudiron. En cambio, aquela medida representou o maior descrédito para esa ideoloxía: en resumo, non son os mercados, senón o ECB, quen di o que o mercado ten que comprar, se a valoración da débeda pública non se corresponde có que a Draghi lle parece correcto. Certo que, dado que a simple ameaza foi suficiente para aplacar o pánico, e débeda a 10 anos e prima de risco correxiron de maneira continua dende entón sen que o ECB tivera que mercar débeda de forma masiva, algúns quixeron facer crer que a ortodoxia seguía vixente.

Aqui debo recoñecer, para alegría de todos, que me equivoquei. Sempre pensei que a intervención do ECB era condición necesaria, pero non suficiente, para que o custo da débeda voltara a niveis ‘soportables’. En 2013, na miña proxección do stock de débeda pública para os vindeiros anos, estimei que no mellor dos casos o bono a 10 anos baixaría ao 4% (daquela estabamos en torno ao 5% baixando desde o 7%). Lonxe diso, o bono ven de perforar o 2,7% de rendibilidade, o cual significa que a débeda do Estado finánciase (son datos en mercado secundario, pero sirva como aproximación do que pagamos en primario) máis dun 1% máis barato do que se financiou nunca -coa excepción duns meses en 2005.

Bono a 10 anos. Fonte: invertia.com

Continúa lendo

Feijoo: ‘O Rei’ do paro

Non é só que Galicia teña, segundo a EPA, 135.000 parados máis que cando Feijoo chegou ao goberno hai 5 anos. Non é só que, peor aínda, o número de ocupados descendera en case 190.000 persoas. Non é só que, cando Feijoo chegou ao goberno hai 5 anos, a taxa de paro en Galicia estaba no 12,09% e hoxe está no 23,20%.

Non é só que haxa crise, porque a crise é para todos: o problema é que, desde que Feijoo chegou ao goberno, Galicia tiña un diferencial positivo do 30% con respecto ao conxunto do Estado en termos de desemprego, e hoxe o diferencial reducíuse ao 10%. Parabéns aos premiados.

Dúas visións do despoboamento de Galicia

Un pequeno adianto do meu último hobby académico…

Boa parte do problema demográfico de Galicia arrástrase do pasado, por exemplo, da forte emigración nos anos 60-80 que deixou fortemente descompensada a pirámide poboacional de 3/4 partes do territorio. No paper no que andamos a traballar o colega Xosé M. Filgueira e máis eu, buscamos eliminar ese efecto para comprobar que comarcas están a conseguir correxir o problema: isto é, malia perder poboación, a perda débese ao efecto arrastre e non a un agravamento da situación socioeconomica. Primeiros resultados: 

Mapa á esquerda, despoboamento das comarcas galegas desde 1991. Mapa á dereita, mesmo mapa correxido o efecto arrastre da emigración dos anos 60-80. Destacan para ben, Verín e Valdeorras, o ‘anel central’ (un dos resultados que nos parecen máis interesantes) conformado por Carballiño – Ourense – Monforte – Sarria – Lugo – sureste da provincia da Coruña- Tabeirós (A Estrada). Destacan para mal, a Costa da Morte (Xallas (Sta Comba), Vimianzo e Muros, principalmente) e Ferrolterra, por non falar da Montaña d’A Fonsagrada ao sur da provincia de Ourense, no que a cousa segue a peor.

Charla galego-português ‘O Facho’

A senlleira Agrupaçom Cultural O Facho convidoume a dar unha charla sobre “Galego-português, umha aposta chave no desenvolvimento da Galiza”. Malia o título, o certo é que o enfoque económico será unha parte menor da charla. Prefiro darlle un toque eminentemente ilustrativo das miñas experiencias persoais sobre galego e portugués, das que xa falei aqui algunha vez, e coas que espero seguir abríndolle os ollos a máis dun e agradezo por iso a oportunidade a O Facho de conversar sobre o tema. Así que, espero, será unha charla distendida onde falarei disto e máis disto e máis disto e disto tamén e se cadra tamén d’algo máis.

Déixovos o convite d’O Facho.

ofachoA Agrupaçom Cultural “O Facho” d’A Crunha convida-o assistir aos seus ciclos de palestras publicas e abertas do período 2013-14. O vindouro dia 30 de Abril do 2014 às 8,00 do serám, terça, o Professor da UDC, David O. Peom Pose, intervirá dentro do Ciclo, Economia, História e Realidade Social. A sua charla versará sobre: O galego-português, umha aposta chave no desenvolvimento da Galiza”.

Dia: 30 de Abril 2014 – Hora: 8 do serám

Local: Portas Artabras- Rua Sinagoga 22

Cidade Velha – Crunha

The EMH struggle

While I was working on the conference we gave yesterday about the Nobel Prize in Economics 2013 awarded to Fama, Shiller and Hansen, I came up with an idea that, to the best of my knowledge, has not been highlighted before. In short, the EMH as it is interpreted today faces a conflict to refute simultaneously two of the most relevant concepts in the behaviorist literature: the excess volatility (Shiller 1981) and the limits of arbitrage (Shleifer and Vishny 1997).

The original EMH interpretation (Fama 1970) did not account for investors’ risk appetite. Prices would reflect fundamentals, and a ‘sufficient number’ of rational arbitrageus that correctly interpret those fundamentals ensure that possible price deviations from rationality are removed. Two challenges to the opposite view, one by behaviorists, other by rationalists, would follow. First, Shiller (1981) went to highlight markets are too volatile to be justified only by fundamentals. After some debate, rationalists responded (e.g., Fama-French 1989) arguing that volatility and some evidence of return predictability would be a consequence of changes in the discount factor due to (rational) changes in the appetite for risk of investors.  Continúa lendo