Papaú

the_outtakes_of_david_bowie_s_iconic_heroes_album_cover_shoot_1_

The outtakes of David Bowie’s “Heroes” album cover. Source: vagabundosdeldharma.com

O 10 de xaneiro estaba marcado na miña axenda hai meses: era a data que escollín para iniciar unha nova etapa profesional. Programei o artigo Vida nova, web nova para o día 11 a primeira hora da mañá, dexesando un Feliz 2016, e convencido de que así vai ser. Case ao tempo que publico o artigo nas redes, chégame un wasap: “morreu Bowie”. Só acertei a dicir “joder!”. Cousas da vida, o 10 de xaneiro de 2016 marcado hai meses na miña axenda difícilmente se me vai esquecer.

A música sempre foi a miña maior afición, e Bowie supuxo un punto de inflexión radical nos meus gustos. Débolle a Bowie facerme ecléctico, e non foi doado: fan dos grupos rock dos 70s, escoitar por primeira vez o Bowie de Berlín e posterior pareceume unha total impostura, unha tomadura de pelo. Continúa lendo

Vida nova, web nova

Feliz 2016!

En 2010 decidín aparcar unha vida profesional na banca que non me motivaba e voltar á Universidade. A finais de 2011 presentei esta web, dpeon.com como punto de encontro coa sociedade. Na miña maneira de ver as cousas, a comunidade universitaria ten que cumplir tamén un papel esencial de divulgación do coñecemento á sociedade, máxime no eido das ciencias sociais, onde outros axentes contan có poder e os medios de ofrecer a súa particular visión das cousas, sempre favorable aos seus intereses.

Rematado o Doutorado en Economía e Empresa, nos últimos dous anos combinei de novo vida profesional e académica como puiden, pero chegou a hora de dar o paso: a partir de 2016 incorpórome na UDC a tempo completo. A investigación na Universidade (pública e de calidade!) é unha das cousas ás que me quero dedicar a partir de agora -pero tamén outras!

webPor iso tamén agora, neste tempo de mudanzas persoais, presento a miña web persoal anovada. Nova presentación, novos contidos, e maior interacción coa sociedade. O blog contará con seccións de divulgación do meu traballo (Academics para publicacións académicas, Colaboracións para as miñas aportacións en medios, palestras, etc.), seccións de debate público de ideas (nos eidos de Economía & Finanzas, Galicia -demografía e territorio, principalmente- e Política), e seccións para dar cabida a outras voces: Lecturas, onde comentarei libros e artigos nas RRSS do meu interese, e Conversas, onde de momento rescato as entrevistas a Manuel Lourenzo, Antón Reixa, Antón Losada, Xoán V. Mao e Valentín Fagim no blog nosquedaportugal entre os anos 2009 e 2010, pero nos que en breve iremos incorporando nov@s protagonistas.

Por último, no menú da dereita, os apartados habituais de almacenaxe e posta en común de documentación persoal, onde irei actualizando documentos, artigos académicos e en prensa, e outras cousas.

Á vosa disposición. Graciñas por estar ahi.

Pan do Zarco

Non imos discutir se Pan do Zarco, Pando Zarco ou Pandozarco. Que máis ten. O importante é o poder da vontade. Terse marcado unha meta naquela hora inalcanzable, e cumprila. Chámese unha tese doutoral ou… subir o porto máis duro da Península (con permiso de L’Angliru).

(preme para ver video)

Foi o 11 de outubro de 2014.

Dr. Peón

Alá van catro anos da miña vida…

.

photo by pernasfrouxas (obrigado!)

Tentar agradecer nunhas breves liñas a todas as persoas e institucións que, durante os máis de catro anos de desenvolvemento e elaboración desta tese doutoral, prestaron a súa colaboración desinteresada ou influíron nos meus pensamentos e coñecementos sintetizados na mesma, sería de todo inacadable. Vaia o meu recoñecemento e agradecemento por tanto a todos vós, profesores, persoal e alumnos da FEE pola vosa axuda, e en particular a todos os compañeiros do Departamento de Economía Financeira e Contabilidade.

Quixera agradecer persoalmente a aqueles que realizaron achegas de moita valía na elaboración dos artigos e publicacións que resultaron desta tese: os compañeiros Ángel Fernández, Cristina Anido, Emma Iglesias, Fernando de Llano, Flora Muíño, José A. Novo, José M. Seijas, Manuel Gómez, Marcos Vizcaíno, Paolo Rungo e Rafael Gómez, así como a Andrea Ceschi, Javier Iglesias, Juan Vilar, Jose A. Vilar, Manuel F. Grela, Tomasz Michalski, revisores anónimos e editores dos diversos journals. O meu agradecemento especial a Enrico Cervellati e Jorge Rodriguez pola súa orientación. Colaboraron moi especialmente na elaboración dalgunhas partes da tese os compañeiros Paulino Martínez no deseño da aplicación informática e Xosé M. Filgueira en axuda técnica. Por último, agracecer a todos e cada un dos 126 alumnos participantes no experimento a súa participación.

Expreso finalmente a miña gratitude a todos aqueles os que, sen a súa colaboración, esta tese nunca tería sido unha realidade. Ao Grupo BBVA por facilitarme a miña dedicación á tese durante catro anos. Ao Departamento de Economía Financeira e Contabilidade da UDC por todas as facilidades para o desempeño das miñas actividades docentes e de investigación. A miña enorme gratitude e recoñecemento aos meus directores de tese, Dr. Manel Antelo e Dr. Anxo Calvo, pola súa sabedoría, orientación, e apoio en todo momento. Tivestes moita paciencia…

E moi especialmente a meus pais e irmans, e a María, a quen lle debo todo o seu apoio estes anos, a paciencia e o ánimo nas interminables horas e preocupacións que deu de si este traballo, e por sacar adiante ás nosas xoias, Anxo e Pablo. Quérovos.

Defensa Tese Doutoramento

E chegou o día.

O vindeiro 16 de xaneiro de 2015 terá lugar o meu acto de Defensa da Tese de Doutoramento Behavioral Microfoundations of Retail Credit Markets: A Theoretical and Experimental Approximation, depositada públicamente o pasado mes de novembro.

O Tribunal que avaliará a miña Tese está composto polos seguintes Profesores Doutores:

PRESIDENTE: ANDRÉS ARAÚJO DE LA MATA, Universidad del País Vasco – EHU

VOGAL 1ª: IRENE COMEIG RAMÍREZ, Universitat de Valencia

VOGAL 2º: IVÁN BARREDA TARRAZONA, Universitat Jaume I

VOGAL 3º: LUIS ALBERTO OTERO GONZÁLEZ, Universidade de Santiago de Compostela

SECRETARIA: SUSANA IGLESIAS ANTELO, Universidade da Coruña

A hora e lugar do evento será 16 de xaneiro ás 12:00 horas no Salón de Graos da Facultade de Economía e Empresa da UDC.

Estades tod@s convidad@s.

Eu son Anxo

Hoxe o meu fillo Anxo, de 2 anos, empeza a escribir un blog:

 

eusonanxo.blogspot.com

 

Sinceramente, espero que non vos guste. A min, desde logo, non creo que me guste nadiña. Pero é o que hai.

 

Se vos gusta a idea, agradezo lle deades difusión. De momento aínda estamos coas probas, pero pouco a pouco iremos indo.

Pyrénées 2013

 

Premier jour: Arrêt technique á Santander. Photographe: Anxo

 

 

Premier étape: Luz – Cauterets

 

Anxo et Pablo, bienvenues en France!! Pont d’Espagne

 

Avec Anxo, une photo trés jolie. Lac de Gaube, Pont d’Espagne

 

Une journée a la montagne. Col du Soulor

 

Luz Saint Sauveur dévasté par les inondations

 

 

Deuxieme étape: Peyresourde – Luchon

 

Chez Peyresourde: Belle vue depuis notre maison!

 

Picnic á Chez Peyresourde

 

Un nouvel ami montre. Pablo avec le chat Mesié (Monsieur)

 

Saint-Béat: le Detroit des Pyrenées

 

Col du Tourmalet (Baréges)

 

Anxo á lac d’Oredon. Le barrage du lac Cap de Long au fond.

 

Val d’Aran (Bossòst) depuis Portillón

Les cols des Pyrénées 2013 (II)

 

(AQUI parte I, Luz Ardiden e Peyresourde)

 

CAP DE LONG

 

A ascensión ao lac Cap de Long, na Réserve Naturelle du Néouvielle, é unha descoñecida para moitos afeccionados ao ciclismo porque nunca foi subida no Tour de France.

 

Porén, a súa ausencia débese probablemente máis ao feito de carecer dun patrocinador (cidade ou estación de esquí que se venda como final de etapa) que á súa dureza: 15km ao 7,5% tan duros como os equivalentes á ascensión do Tourmalet por Baréges, precedidos por 8km ao 3,5% para castigar as pernas.

 

Quilómetros polos que Iván Froome púxose a tirar como un poseso, chegando aos pes do porto case a 20km/h de media…

 

… chegando á ascensión de verdade completamente reventao. Aquí unha autofoto na ferradura a 7km do cumio que é un poema…

 

A 5km do cumio, les Lacets des Edelweiss. Un auténtico espectáculo.

Source: www.geolocation.ws

 

1h 55min despois de sair de Saint-Lary-Soulan, un autre col ao peto!! Velaquí as vistas do Lac d’Oredon desde o Lac Cap de Long.

 

 

QUEDARON NO TINTEIRO

 

Aubisque. Non sei que será peor, baixar eses precipicios en coche (cousa que fixemos) ou subilos en bicicleta.

 

Pero peor aínda en coche é ir polo Cirque du Litor, necesario paso de Soulor a Aubisque…

 

Tourmalet. A nosa opción orixinal, arrasada polas riadas de hai un mes. Achegámonos a ver o inicio, así estaba o primeiro quilómetro.

 

AspinCon Tourmalet, o porto ao que máis gañas lle teño. Duro, pero asequible (1ª, 9 km, 7%). Mítico por anteceder ao Tourmalet na dirección Luchon – Pau da mítica etapa. Pero sobre todo por ser unha subida preciosa, tanto pola beleza do val por Arreau, como polo lago e zona de relax na vertiente que conecta con Hourquette d’Anzizan e Tourmalet por La Mongie.

 

Na fotografía Arreau, coas primeiras estribacións de Aspin ao fondo.