Les cols des Pyrénées 2013 (I)

 

LUZ ARDIDEN

 

Mentalizándose no ‘hotel de concentración’

 

Camiño de Luz-st-Sauver. Á dereita le Gave de Pau, pequeno pero bravo…

 

Mediada a subida a Luz Ardiden. Pasado o peor, divísase o cumio

 

Coronamos! Primeiro Col ao peto: 13km, 8% media, 1h 15min

 

Espectacular vista das ferraduras do tramo final (e non é a parte máis dura do porto!)

 

COL DU PEYRESOURDE

 

Altimetrías de Luz Ardiden e Peyresourde

Source: www.altimetrias.net

Source: www.rocobike.com

 

Cando só quedan 3km para chegar, divísase o Col de Peyresourde. A penúltima rampa do porto quítalle a un as gañas de seguir dando pedais…

 

Coronamos! 14km, 7% de media, 1h 10min

 

(Continúa AQUI Parte II)

Discurso Padriño ADE+Dº

Onte fixéronme sentir orgulloso como poucas veces. Os alumnos da promoción 2007 – 2013 da Dobre Titulación en Dereito e ADE celebraban a súa Graduación, e eu tiven o privilexio de ser o Padriño da promoción.

 

Ter que elaborar o discurso fíxome revivir moitas das cousas nas que levo cavilado sobre a miña vida ata chegar aqui. Porque, de feito, véxoos hoxe a eles e véxome reflexado como era eu entón e nos mesmos medos que tiña eu daquela ante a fin dunha etapa tan importante das nosas vidas.

 

No Discurso do Padriño -que podedes descargar en pdf AQUI– quixen, a fin de contas, falarlles a eles como me gustaría poderlle falar ao David de 1999, porque a vida non ten volta atrás, pero é como se ocasións como esta che permitisen redimirte a través deles.

 

A vós: sei, polo que me dixestes, que o discurso vos gustou moito. Pero o mellor de onte non foi o discurso. O mellor foi o cariño e gratitude que me transmitistes, que dan sentido a algunhas decisións que tomei nos últimos anos, e que me fan sentir moi orgulloso de tervos como ‘afillados’ (ou como se diga!!).

 

Espero seguir sabendo de vós dentro de moitos anos. Ata entón, moita sorte e sede moi felices.

 

Ancares 01.06.2013

Velaquí unhas fotiños da paliza do sábado pasado en Ancares…

 

1.- Pasado Muñís, ao pouco de iniciar a ascensión a Sª Morela. Moi fresquiños se nos vía aínda…

 

2.- No segundo tercio de Sª Morela, rampas en torno ao 8% de media

 

3.- Coronado Morela dirixímonos ao coloso. A primeira proba: superar o muro de Murias. Arriba á esquerda, o mirador de Murias.

 

4.- En Murias paramos a ‘repostar’. A subida por Pan do Zarco deixarémola para outro día…

 

5.- Vista desde o mirador de Murias da espectacular subida. Cóntanse na foto polo menos 5 reviravoltas na estrada, 4 curvas de ferradura incluídas.

 

6.- Chegando a Balouta. Sobre o papel contaba con chegar alí ‘fresco’ para iniciar o ascenso ao peor de Ancares. Na realidade, os 5km salpicados de rampas ao 12-14% ata Balouta deixáronme sen gota de forzas…

 

7.- Aínda así, conseguin superar os 3 peores km de Ancares, o muro despois de Balouta con medias kilométricas do 11-12% e rampas do 15%. Destrozado!!

 

8.- Baixamos pola vertiente de Piornedo (onde tomamos un riquísimo caldo na Cantina Mustallar!!), estrada en mal estado e con moita gravilla… pero polo menos apenas hai máis costas, as pernas non daban máis de si!!. Aqui chegando á meta, a preciosa vila de Navia de Suarna.

 

 

Reto Verán 2013

Este é o plan ciclista para este verán…

 

01-xuño-2013

Ancares por Balouta

 

1ª quincena xullo

2º adestramento en Ancares. Unha posibilidade pode ser Cervantes – Albergue Degrada

 

27-xullo-2013

Col du Tourmalet (por Barèges)

 

30-xullo-2013

Superbagneres

 

E en 2014… III Desafio Ezequiel Mosquera (participar no desafio, quero dicir. O de gañalo deixamolo para 2015…)

 

 

Pedaleando

Algún día iremos por estes 4 grandes…

 

 

De momento conformámonos con Ancares e outros ‘cocos’ menores…

 

Ancares (Etapa Xullo 2012)

 

 

(O ficheiro excel coas altimetrías de Ancares e portos en torno á Coruña (Xalo, Sta. Leocadia, Costa da Sal, etc.) e outros (A Fracha, etc.), descargable en documentos)

Anxo e Pablo

Hai unha semana que naceu Pablo. Agora é moi caladiño, tranquiliño e dormilón, pero non ha tardar en ser un trasto ao que hai que andarlle todo o día detrás, como o seu irmán Anxo.

Quero aproveitar para agradecervos as máis de 1.800 visitas á web e máis de 5.000 páxinas descargadas en apenas 3 meses, desde 58 países. Un magnífico comezo para unha web que, espero comprendades, retomaremos dentro dun tempo. Agora toca desfrutar deste par de fedellos!!