Conversa con Antón Losada

(Conversa con Antón Losada publicada no blog Nosquedaportugal o 26 de febreiro de 2010)
O vindeiro 1 de marzo cúmplese o cabodano da victoria electoral do Partido Popular. Hai xa un tempo que tiña pensado que un tema de tal calado sería moito máis interesante analizalo para Nosquedaportugal coa colaboración dun experto en análise política.
Por iso hai xa case un par de meses contactamos con Antón Losada (Xove, 1966), profesor de Ciencia Política, colaborador habitual dos medios Cadena Ser e Galicia Hoxe, e articulista en A Nosa Terra, El Periódico de Catalunya, El Pais, TVE, TVG… a quen podedes visitar a diario no seu blog persoal http://antonlosada.blogspot.com/

Antón Losada. Fonte: www.galicia-hoxe.com

Antón ofrecéuse moi xentilmente pra mantermos unha conversa hoxe mesmo venres no seu despacho da Facultade de Ciencias Políticas de Santiago de Compostela, e desde estas liñas lle quero mostar a miña gratitude pola oportunidade de coñecelo persoalmente e pola interesantísima entrevista que nos brindou.

Caralladas: Como che adiantara, Antón, o obxectivo principal da entrevista é analizar o que foi este primeiro ano de governo do Partido Popular. E comezando polo que aconteceu aquel 1 de marzo, esperabas a victoria do PP?

Antón Losada: Non. E á vista de como está governando Feijoo, el tampouco a esperaba.

Continúa lendo