Charla galego-português ‘O Facho’

A senlleira Agrupaçom Cultural O Facho convidoume a dar unha charla sobre “Galego-português, umha aposta chave no desenvolvimento da Galiza”. Malia o título, o certo é que o enfoque económico será unha parte menor da charla. Prefiro darlle un toque eminentemente ilustrativo das miñas experiencias persoais sobre galego e portugués, das que xa falei aqui algunha vez, e coas que espero seguir abríndolle os ollos a máis dun e agradezo por iso a oportunidade a O Facho de conversar sobre o tema. Así que, espero, será unha charla distendida onde falarei disto e máis disto e máis disto e disto tamén e se cadra tamén d’algo máis.

Déixovos o convite d’O Facho.

ofachoA Agrupaçom Cultural “O Facho” d’A Crunha convida-o assistir aos seus ciclos de palestras publicas e abertas do período 2013-14. O vindouro dia 30 de Abril do 2014 às 8,00 do serám, terça, o Professor da UDC, David O. Peom Pose, intervirá dentro do Ciclo, Economia, História e Realidade Social. A sua charla versará sobre: O galego-português, umha aposta chave no desenvolvimento da Galiza”.

Dia: 30 de Abril 2014 – Hora: 8 do serám

Local: Portas Artabras- Rua Sinagoga 22

Cidade Velha – Crunha

Presentación Nobel e artigos recentes

Tedes dispoñible a presentación da conferencia ‘A UDC explica os Nobel: O Premio Nobel de Economía 2014’ en documentos – presentations.

Tamén veño de actualizar a lista de artigos en prensa e publicacións académicas (artigos). Nos últimos meses fun bastante ecléctico en prensa: La Opinión, Revista Luzes, Economistas frente a la crisis, El Confidencial, Eldiario.es – Agenda Pública, Praza Pública (2), Contraposición, Economía digital…

11M – Conferencia UDC Nobel

O 11 de marzo en ‘NORMAL – Espazo de intervención cultural da Universidade da Coruña’ participarei na conferencia sobre o premio Nobel de Economía concedido a Eugene F. Fama, Lars P. Hansen e Robert J. Shiller.

Maiormente falaremos da antítese Fama – Shiller. De parabenizar a Robert Shiller encargareime eu. De parabenizar a Eugene Fama encargarase Anxo Calvo. Se ten que haber sangue, haberá sangue.

Esperamos vervos por alí.

Debate no xornal La Opinión

DEBATE

Este domingo publicouse no xornal La Opinión de A Coruña un resumo do ‘debate sobre perspectivas económicas para Galicia e A Coruña en 2014‘ no que participei xunto có profesor da UDC Andrés Faíña e o analista bursátil David Galán. O artigo é só un esbozo do que alí falamos, así que durante os vindeiros días tentarei profundar na miña visión sobre pasado recente, presente e expectativas de futuro para a economía galega e global.