CHAVS, de Owen Jones

chavsCHAVS: THE DEMONIZATION OF THE WORKING CLASS

Gustoume o libro de Owen Jones. Resulta unha lectura un tanto irregular, machacona e repetitiva en moitos momentos, o cal e sorprendente para un xornalista. Pero algunhas das ideas que destila son brillantes, xeniais, e van ao miolo do asunto da perda de credibilidade da esquerda en UK –e por extensión, en Europa- nas últimas décadas.

A mellor das contribucións de Chavs é unha crítica que resulta demoledora para os que, coma min, acreditamos na social-democracia como a vía preferible de organización social (que coñezamos, cando menos). Continúa lendo