Conversa con Valentim Fagim (AGAL)

(Conversa con Valentim Fagim, da AGLP e AGAL, publicada no blog Nosquedaportugal o 28 de xuño de 2010)
O pasado 25 de xuño celebramos o primeiro aniversario do blog Nosquedaportugal, blog que pretende axudar ao coñecemento mutuo de Galiza e a lusofonía, coa filosofía de que o noso futuro económico e a nosa língua e cultura propias pasan por aproveitar a emerxencia de Brasil e o novo marco que -na Eurorrexión da Europa sen fronteiras- conformamos có Norte de Portugal.

Para celebrar este primeiro aniversario, parecíanos xa imprescindible abordar o, probablemente, tema máis espiñento de todos os relacionados có galeguismo e a súa abertura ó exterior, e que tamén é o que máis sentimentos enfrontados xenera: o reintegracionismo lingüístico. E que mellor xeito de facelo, entendemos, que mediante unha conversa có principal representante do reintegracionismo: Valentim Fagim.

Valentim Fagim para Nosquedaportugal
Fonte propia.

Valentim Fagim (9 xullo 1971, Vigo) é licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa, diplomado en Historia e de 2001 a 2009 exerce de profesor de portugués na Escola de Idiomas de Ourense. Membro desde 2008 da Academia Galega da Língua Portuguesa, AGLP, e desde o ano 2009 é presidente da Associaçom Galega da Língua,AGAL.

Valentim tivo a xentileza de nos convidar a Caralladas -nosquedaportugal- e máis a Diego –Conversas Galegas– a un chá no seu domicilio en Santiago de paso que celebrabamos a conversa que pasamos a compartir con todos vós. Conversa que agardo sirva para tender pontes entre todos os que, pensando de xeitos diferentes (reintegracionistas, isolacionistas, galeguistas, independentistas, de esquerdas, de dereitas ou que non saben de que van), loitamos por unha mesma meta -a normalización da nosa língua no noso país- e deberiamos comezar a entendernos e remar pola nosa língua todos na mesma dirección dunha santa vez.

Continúa lendo

Conversa con Xoán V. Mao (Eixo Atlântico)

(Conversa con Xoán V. Mao, Secretario Xeral do Eixo Atlântico, publicada no blog Nosquedaportugal o 6 de maio de 2010)

Publicamos esta semana a nosa seguinte conversa, con diferencia a máis extensa de todas. O entrevistado e a organización que dirixe son, probablemente, quen máis teñen feito nestes últimos 20 anos pola integración social i económica de Galiza e Portugal, e quen máis seguen a traballar con propostas de futuro para a nosa Eurorrexión.

Xoán Vázquez Mao é o Secretario Xeral do Eixo Atlântico do Noroeste Peninsular, unha asociación dos maiores concellos de Galiza e o Norte de Portugal que está a representar, desde a súa fundación hai case 20 anos, a principal ferramenta de integración económica e social de ambos países, dentro do marco da Eurorrexión que conformamos.
Eurorrexión Galiza – Norte de Portugal
Fonte: www.ub.es

Unha entrevista que reproducimos a continuación e que transcribe as máis de 2 horas de impagable conversa que nos brindaron Xoán Vázquez e Chus Torres -do departamento de comunicación do Eixo Atlântico- e polas que desde aqui lles quero mostrar o meu enorme agradecimento.

Xoan Vázquez Mao, para nosquedaportugal.
Fonte propia.

Continúa lendo