Unha resposta desde e para Galicia

Hoxe Somos Nós ven de publicar na súa web o documento de debate público “Unha resposta desde e para Galicia: Diagnose da realidade económica diferencial de Galicia. Liñas principais de actuación en política económica”, elaborado polo GTE que coordino.

SN

Nel apuntamos unha serie de aspectos chave da realidade económica de Galicia que fican fora de xogo no modelo económico e institucional confeccionado nas últimas décadas desde o Estado, agrupados en tres categorías: modelo económico Mediterráneo, bases económicas sectoriais diferenciadas, e a nosa forma de ser e estar no mundo actual (crise demográfica e cultura global). A seguir, trazamos máis de 60 medidas de política económica centradas no País en tres ámbitos, organización territorial, impulso dunha economía produtiva, e futuro demográfico, social e de país, medidas que pretenden dar unha resposta á diagnose anterior sobre a realidade económica diferencial de Galicia.

O documento pódese consultar e descargar AQUI.